As ofertas de emprego do Departamento de Informática da Universidade de Vigo están reguladas pola normativa existente da Universidade de Vigo.
Todas as ofertas de traballo centralízanse na web da Universidade e céntranse nas seguintes figuras:
- Profesor Contratado de Substitución: É preciso dispoñer do título de licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou graduado (preferentemente de Informática ou Intelixencia Artificial) para a cobertura de necesidades docentes temporais do Departamento.
- Profesor Asociado: É preciso estár traballando fóra do ámbito académico universitario.
- Profesor Axudante Doutor: É preciso dispoñer do título de doutoramento
- Profesor Permanente Laboral: É preciso dispoñer do título de doutoramento e ter unha acreditación adecuada da ANECA ou da ACSUG.